Xinzo de Limia

Xornada informativa sobre a proposta dos técnicos ao deseño da Bandeira de Xinzo

Hoxe reuníronse membros da corporación municipal con expertos da Xunta

IMG-20180918-WA0001

O Alcalde Manuel Cabas e Eduardo Pardo de Guevara Presidente da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, presidiron unha reunión informativa, solicitada polo Concelleiro de Cultura, a que ademais dos citados asistiron outros membros do equipo do goberno, así como os portavoces dos grupos da oposición estando presente o historiador limiao, Edelmiro Martínez Cerredelo, e o técnico da Xunta, Pablo Otero Piñeyro.

A mesma celebrouse hoxe martes (18,09) no despacho da alcaldía durante varias horas da mañá.

A xuntanza, tiña por obxecto informar sobre os argumentos técnicos e legais que levaron a Comisión Heráldica a propoñer,á petición da Concellería de Cultura, un bosquexo para a Bandeira.

Na reunión abordáronse  diversas cuestións,  e deuse  resposta por parte dos expertos en Heráldica ás distintas dúbidas cuestionadas polos asistentes, relativas a proposta que facía a Comisión,  particularmente no tocante o deseño e as cores do emblema do municipio.

Os asistentes, segundo nos transmite o concelleiro, amosáronse satisfeitos coas explicacións recibidas, e a cuestión quedou emprazada para debater na próxima Comisión de Cultura previa o Pleno.

 De ser aprobada a proposta , esta tería  que tras ser publicada no BOP e exposta publicamente durante 30 días para a presentación de alegacións, para unha vez examinadas as alegacións remitir de novo a Xunta de Galicia para que o Consello da Xunta procedera a aprobación definitiva.

A intención do Grupo de Goberno e que a bandeira como símbolo municipal, conte co apoio e o beneplácito de todos os grupos políticos e por suposto  dos veciños e veciñas do Concello Limiao ós que dalgún xeito representará.