Xinzo de Limia

O EDC Xinzo A e Celta campións do V torneo Toñito Maestro

14 equipos participaron nas categorías alevín e benxamín

Durante todo o día de onte sábado celebrouse en Xinzo, nos campos da Moreira, a 5ª edición do torneo “Toñito Maestro” nas categorías de alevín e benxamín de fútbol 8.

DOUS TROFEOS PARA XINZO

Xinzo acadou dous trofeos, primeiro clasificado como equipo na categoría benxamín para o EDC Xinzo A e mellor xogador benxamín para Rodrígo Barreiro do mesmo equipo.

A final de alevíns xogárona os equipos do Celta e Pavillón Ourense, rematando o partido con empate a 4 goles tendo que decidir o campión a penaltis, levándose o trofeo de campión o equipo do Celta.

MOITOS SEGUIDORES

                               Á entrega de trofeos asistiron a alcaldesa Elvira Lama, o concelleiro de deportes Rafa Penabad e o anterior concelleiro do PP Luís M. Gil. Antes da entrega dos trofeos individuais e por equipos a alcaldesa acompañada da irmá de Toñito depositaron un ramo de flores no busto que o homenaxeado ten nas instalacións do campo da Moreira.

O concelleiro resaltou a cantidade de pais, nais e familiares dos rapaces pertencentes aos 14 equipos que durante todo o día estiveron en Xinzo repercutindo moi positivamente na hostalería da vila.

Anunciou tamén que de cara a edición do ano que ven intentarán  que veña o equipo  do R. Madrid.