Xinzo de Limia

I MEMORIAL ELOY CONDE

A dona e o fillo de Eloy Conde recibiron o homenaxe no seu nome, por parte do Concello

Os infantís do RC. Celta de Vigo levaron o trofeo para a súa cidade

Instantánea - 402

Durante a mañá e a tarde do sábado levouse a cabo a disputa nos campos da Moreira do I Memorial Eloy Conde, patrocinado pola Concellería de Deportes de Xinzo, no que participaron equipos  de categoría infantil dos clubs R.C Celta de Vigo, CD. Lugo, Ourense CF, Unión Deportiva Ourense, Pabellón FC e EDC Xinzo.

ENTREGA DE AGASALLOS

Instantánea - 404Antes do partido final no que se enfrontaron os equipos do RC. Celta e Lugo, o Concelleiro de Facenda Manuel Pérez Campos, foi o encargado dos discursos en nome da Concellería de Deportes organizadora do torneo.

Manuel Campos agradeceu a deferencia que nese momento estaba tendo con el o seu compañeiro de corporación cedéndolle a palabra, posto que precisamente cando el era presidente do Antela, foi cando se achegou ao seu despacho Eloy Conde, persoa descoñecida no mundo do fútbol, expóndolle  a posibilidade de facer uns equipos de base.

Despois de manifestarlle que o único gasto que ían a ter era o dos árbitros, a cousa foi adiante. Manuel Pérez, foi recordando  todas as etapas e anécdotas vividas nos anos en  que o homenaxeado estivo a fronte dos equipos de base, rematando o seu relato no momento en que chegou a levar a un dos seus equipos a campión galego.

Manolo recordou a Eloy como a mellor persoa que el atopara no mundo do fútbol.

Rematadas as verbas emocionadas achegouse ata o céspede a muller e o fillo do homenaxeado para recibir a placa conmemorativa do primeiro Memorial, aínda que segundo manifestou Campos, espera que teña continuidade ao largo dos anos.

Das mans dun dos organizadores, que no seu tempo foi adestrado nas categorías inferiores do Antela por Eloy, fíxolle entrega dun libro con fotos dos equipos que adestrou e con comentarios dos que hoxe son persoas adultas.

Instantánea - 400

Rematado o acto de homenaxe disputouse a final entre os equipos anteriormente citados levándose para Vigo, tanto o trofeo o mellor xogador como o trofeo de campións.

O menos importante da xornada era o resultado, aínda que como é costume houbo unha clasificación final.

Nos actos estaban presentes nas gradas do campo, membros da corporación municipal, tanto do grupo de goberno como da oposición.

Instantánea - 411Instantánea - 410Instantánea - 409IMG_20190824_183605Instantánea - 408

Instantánea - 407Instantánea - 406Instantánea - 399