Xinzo de Limia

A IV Liga da Zona Sureste de Doma Clásica de Galicia chega á súa xornada final o día 6 de outubro

A partir das 9,30 da mañá ata as 18 h.no hipódromo de Antela

unnamed (13)

Regulada pola FHG e organizada polo Club Deportivo Ecuestre de Ourense co apoio da Deputación de Ourense e os Concellos de Sandias e Xinzo.

Máis de 85 binomios dos seis clubs que forman a liga de escolas ecuestres resolverán a clasificación dos equipos no Hipódromo de Antela .Dúas pistas de competición estarán en funcionamento de forma continua. En liza estarán Club Hípico Villamarin. Club Hípico Coles. Club Hípico Juan Oliveira. Club Deportivo Ecuestre de Ourense. Escola Fala Bela Monforte. Hípica de Allariz. Paralelamente desenvólvese a III Copa Deputacion de Ourense de Doma Clásica 2019 na súa cuarta xornada .Na cal se resolverá a clasificación definitiva para proclamar ao Club Campión da III Copa. Con máis de 450 saídas disputadas ao longo do ano, darase por finalizada a tempada de Doma Clásica 2019.Xa se está preparando a V Liga de Doma Clásica da Zona Sueste que dará comezo no mes de Abril 2020.