MASTER CLASS CON LOURDES MOHEDANO o 19/01/2019
O custe será de 25€ para membros da escola deportiva municipal
O Club EDC Xinzo de Limia abriu o prazo de inscrición para a Master Class que levará a cabo a ximnasta internacional da selección española.
Poderán participar na master class con Lourdes Mohedano tódalas ximnastas que o desexen, maiores de 7 anos,aínda que haberá prazas limitadas.
Co obxectivo de poder sacarlle o máximo partido a Master Class, @s ximnastas de 7,8 e 9 anos, para poder inscribirse, deberán estar acompañados por un/unha adestrador@, que tamén deberá realizar a correspondete inscrición.
Os adestradores e adestradoras teñen prazas gratuítas ilimitadas coma oíntes, sempre que traian polo menos a dous/ dúas ximnastas inscritas cada un/unha, cun máximo de dous/dúas adestrador@s por club.
Poden ser tamén profesor@s de ballet e/ou licenciadas e estudantes de INEF ou similares. Os ximnastas e ximnastas deberán presentarse con roupa de adestramento e cos seus propios aparatos: corda, aro, pelota e mazas. Cada club que o desexe terá a opción de participar na exhibición final, compartindo tapiz con Lourdes Mohedano, avisando ao club organizador con antelación de dita participación.
INSCRICIÓN: Para formaliza-la inscrición deberase cubrir o formulario de inscrición na web www.deportesxinzodelimia.com e enviala a dirección de email [email protected] a seguinte documentación:
Copia do xustificante de ingreso.
Autorización para publicar imaxes debidamente cumprimentada e asinada.
PREZO E PRAZO DE INSCRICIÓN:
A cota de inscrición será de 25 euros (25€) para @s integrantes do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia e de 40 euros (40€) para @s ximnastas de outros clubs (inclúe asistencia á Master Class, camiseta de adestramento, diploma e un pequeno lunch que constará auga e froita).
O ingreso realizarase no seguinte número de conta a nome do Club Escolas Deportivas Xinzo de Limia, indicando no concepto
nome e apelidos da persoa que se inscribe na Master Class (IMPORTANTE).
ABANCA: ES80 2080 0410 9630 4002 0066
O prazo de inscripción remata o 28 de decembro de 2019