Xinzo de Limia

Orientación en bici de montaña en Xinzo de Limia

Comenzará as 10:00 h da mañá e participarán máis de 100 bikers

0001(1)
Cartel de orientación en bici de montaña

O domingo 17 de xuño celébrase a proba galega de orientación en bicicleta de montaña en Xinzo de Limia, máis concretamente comenzando no campo de “A Moreira”. Patrocinan e organizan o Concello de Limia, o Concello de Sandiás, o Concello de Vilar de Santos, LIMIACTIVA, Telemiño, La Región, SEMECOR, o FEDO, o FEGADO, a Deputación de Ourense e a Concellería de deporte e xuventude do Concello de Xinzo de Limia.

 

A proba realizarase nas Areeiras dá Limia, comezando ás 10:30 da mañá. Cada poucos minutos sairán participantes en busca das súas balizas.

 

Participarán 100 bikers en todas as categorías: desde iniciación ata veteranos. Todas as carreiras serán de competición menos as dos nenos e meniñas de iniciación, que poderán ir en grupos coas súas familias.

 

Ao finalizar o evento os primeiros de cada categoría recibirán a súa medalla.