A preinscrición para ximnasia rítmica comezará mañá xoves
O club terá dúas adestradoras novas

Na tarde do martes o Concelleiro de Deportes Rafa Penabad, acompañado da alcaldesa Elvira Lama e técnicos do departamento do Concello, mantiveron unha reunión no salón de plenos para presentarlle aos pais e nais a proposta de funcionamento para este ano 19/20 da actividade de ximnasia rítmica.
TODO CONTINUARÁ O MESMO QUE ATA AGORA
A única novidade é que o club terá dúas adestradoras novas, devido a que unha das que ata agora dirixían o club atópase de baixa dende o mes de xaneiro e aínda non sabe cando poderá, e si o poderá facer, volver a adestrar. Ante esta situación, nos últimos días os técnicos do Concello a petición do concelleiro tiveron que buscar outras persoas que puideran levar a cabo todas as actividades que se desenrolan dentro da Ximnasia Rítmica.
As novas adestradoras, xunto coa outra que queda, e que xa leva varios anos facendo estas labores, serán as encargadas de facerse cargo das mais de 80 rapazas e rapaces que practican esta actividade deportiva, tan arraigada xa en Xinzo. Farán os grupos e categorías así como inscribiranse en todas as probas e campionatos como se viña facendo dende fai anos, onde por certo os equipos de Xinzo sempre acadaban moi bos resultados.
ADESTRAMENTOS OS MÉRCORES E VENRES
En principio os responsábeis técnicos da concellería teñen reservadas as tardes dos mércores e venres para levar a cabo esta actividade. As outras escolas deportivas estaban pendentes do horario de ximnasia para poder facer os horarios do fútbol sala, baloncesto, etc.
A presinscrición comezará este mesmo xoves e a actividade comezará na primeira semana de outubro.