Remate dos Campus de Fútbol e Ximnasia 2018
Remataron os dous Campus organizados pola Concellería de Deportes, Educación e Xuventude e o club E. D. C. Xinzo.
Un ano máis, e xa van 5, o éxito de participación foi máximo, con máis 160 participantes; 107 no de fútbol, 42 no de Ximnasia e 12 monitores titulados
Hoxe as nenas e nenos do Campus de Ximnasia recibiron os diplomas acreditativos da man do Concelleiro e da Coordinadora Sandra Alén, foto oficial; Para despois celebrar o remate co sorteo dos agasallos e desconexión na piscina exterior.
Onte pola mañá o alcalde López Casas acompañado do concelleiro Luís M. Gil, trasladáronse as instalacións do José Antonio Fernández Carrera para facer o acto de entrega dos diplomas organizado polo coordinador David Carnero
Os 107 participantes, nenos e nenas acompañados polos monitores do campus recibiron das mans do alcalde o diploma que acredita a súa participación no mesmo.
Un a un foron recollendo das mans do alcalde o diploma acreditativo, para posteriormente facer a foto de familia.
Atentos ao acto atopábanse grande cantidade de pais e nais que lle deron aínda máis realce a o acto sinxelo e sen discursos.
VISTA AS INSTALACIÓNS DE BALAIDOS
Todos os participantes do Campus de Fútbol, en autobús e acompañados polos monitores, trasladarans as instalacións deportivas do Celta de Vigo en Balaidos, para alí ademais de visitar todas as dependencias incluída a sala de trofeos, recibiran a última sesión de adestramento , esta vez da man de monitores da propia Fundación.
Unha vez rematada a visita e chegados a Xinzo rematará o Campus do 2018, que contou con un número récord de participantes, nenos e nenas.