Xinzo de Limia

Segunda fase da Copa Deputación no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia

Xinzo obtivo dezaseis das trinta e nove medallas

gimnastas xinzo
Ximnastas xinzo

 

Hoxe día 12 de maio, de 10:00 a 14:30 h da mañá, celebrouse a segunda fase da Copa Deputación no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia. Máis de 400 nenos e nenas pertencentes aos clubs de ximnasia Club E.D. Xinzo de Limia, Escola Municipal C. Celanova, Escola Deportiva de Barbadás, Club Ximnasia Escola Pavillón de Ourense, Club Marusia e Escola Municipal Concello de Maceda, participaron nesta competición.

 

A orde de actuación en ximnasia rítmica de conxuntos foi o seguinte: categoría iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e senior. Tras o receso, sesenta nenos e nenas das categorías feminina e masculina, prebenxamín, benxamín, alevín e cadete participaron en minitrump e corenta e nove en tumbling . O alcalde, López Casas, o concelleiro de deportes Luís M. Gil, o Deputado Provincial de deportes e un representante da Federación Galega de Ximnasia entregaron as medallas ao finalizar o acto.

 

Medallas para o Club E.D. Xinzo de Limia

 

Os equipos de xinmasia de Xinzo obtiveron dezaseis das trinta e nove medallas: catro de ouro, seis de prata e seis de bronce. As categorías iniciación e infantil gañaron as medallas de prata; a medalla de bronce foi para as categorías benxamín e alevín; o ouro levoullo a categoría de prebenxamín .

En ximnasia individual destacou a categoría alevín, na que o Club E.D. Xinzo de Limia ocupou os tres postos do podio.

 

 

Medallas individuais a gimnastas Club E.D. Xinzo de Limia por categorías

Iniciación: Naiala Veiga, medalla de prata

Prebenxamín: Suevia Salgado e Inés Carrera, medallas de prata y bronce respectivamente

Benxamín: Saínza Lorenzo, medalla de ouro

Alevín: Elsa Sousa, Xiana Veloso y Ainhoa Sousa, medallas de ouro, prata y bronce

Infantil: Eugenia Álvarez y Cristina Rodrígues,  medallas de prata y bronce

Cadete: Silvia García y Laura Nuñez, medallas de ouro e bronce

 

Medallas por equipos ao Club E.D. Xinzo de Limia por categorías

Iniciación: medalla de prata

Prebenxamín: medalla de ouro

Benxamín: medalla de bronce

Alevín: medalla de bronce

Infantil: medalla de prata