Xinzo de Limia

Torneo de Natación na piscina climatizada de Xinzo de Limia

Participarán nenas e nenos de Chaves, Verín , Allariz e Xinzo de Limia

2018-04-23-PHOTO-00000053
2018-04-23-PHOTO-00000053

O sábado día 28 de abril ás 16:30 h celebrarase o Torneo de Natación na piscina climatizada de Xinzo de Limia. Grazas á colaboración do Concello de Xinzo, a Concellería de Deportes e Xuventude e as Fritas Guays, poderán  participar nenos e nenas de Chaves, Verín e Allariz con idades comprendidas entre os seis e os quince anos.


O torneo será de natureza lúdica, non haberá series de competición e ao finalizar procederase á entrega dunha medalla a cada nen@ e un trofeo a cada equipo.