O IMPORTANTE E O ESPÍRITU DE COMPAÑERISMO
VIII Torneo de Básquet de vilas de Ourense en Xinzo de Limia
O 16 de xuño, a partir das 10:30 h ata as 19:30
![0001(2)](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2018/06/14/2018061417320647400.jpg)
O día 16 de xuño, a partir das 10:30 h da mañá, terá lugar o VIII Torneo de Vilas de básquet de Ourense. Tal e como indica o nome, a característica principal deste torneo é que soamente xogan equipos das diferentes vilas de Ourense. Patrocinan a Concellería de Deportes e Xuventude de Xinzo de Limia, a Deputación de Ourense e o A. B. Xinzo.
No torneo participarán seis equipos: C. B. Valdedemos, E.D. Barbadás, C.X. Verín, o C. B. Allariz e o A. B. Xinzo.
As categorías que xogarán son: alevín masculino e mixto, alevín feminino, benxamín masculino, benxamín feminino e mixto e baby básquet.
O torneo durará ata as 19:30 h da tarde, momento no que se entregarán obsequios a todos os clubs participantes. Á hora para comer, os nenos e nenas poderán gozar dun momento de relax na piscina.
O obxectivo deste torneo é fomentar a convivencia entre os nenos e nenas de distintas vilas, a diversión que achega o deporte e como pode tomarse o mesmo cun carácter non só competitivo senón tamén lúdico.