Xinzo de Limia

XINZO CONTARÁ EN BREVE CON DÚAS PISTAS DE PADEL

Será a primeira das actuacións que se levarán a cabo na zona deportiva e piscinas públicas

99999
Vista aérea do lugar de instalación

O Concello ven de adxudicar a instalación de dúas pistas de padel no recinto deportivo exterior ao carón das piscinas públicas exteriores e tamén da piscina climatizada.

A inversión prevista para esta construción será de 48.000 € IVE incluído, e o prazo de execución será de dous meses. Segundo o prego de adxudicación a obra terá que estar rematada antes do 30 de marzo.

Do presuposto total da obra, 35.000€ serán aportados pola Deputación Provincial e os 13.000 restantes dos fondos do Concello.

Segundo manifestacións da alcaldesa Elvira Lama e do concelleiro de Deportes Rafa Penabad, a execución desta obra debese á demanda  actual, que obriga a moitos afeccionados a desprazarse a capital ou a Concellos limítrofes que si dispoñen destas infraestruturas. Será unha prioridade desta Concellería a mellora de tódalas infraestruturas deportivas, para ofertar a mellor calidade nos servizos.

Segundo a memoria descritiva do proxecto, a implantación das pistas  de padel será sobre o campo de fútbol sala existente, pola proximidade da piscina climatizada e ós seus vestiarios e servizos complementarios, seguindo o disposto do Plan Director deportivo. Foi elixido este emprazamento pola súa situación protexida de ventos e pola proximidade con outras infraestruturas deportivas municipais. Por mor das inclemencias climatolóxicas as pistas levaran un pavimento con drenaxe para garantir o mantemento en tempada de choivas. Nun futuro procurarase levantar unha cuberta sobre as pistas para poder utilizalas en calquera época do ano.Utilizarase a pista existente de fútbol sala como subase para poder realizar a base da pista deportiva de padel, téndose en conta a colocación das canalizacións necesarias para o drenaxe e a iluminación da mesma.

2

PISTA DE FÚTBOL

Tamén comunica o concelleiro de Deportes que aproveitando esta obra tamén se instalará ao carón das pistas de padel,  o campo de fútbol adquirido polo anterior equipo de goberno, unha pista igual  que outra que se tivo instalada na praza Carlos Casares. Desta maneira dáse resposta as reiteradas preguntas da oposición sobre o lugar onde se ía a instalar esta pista.

Esta será a primeira dás varias actuacións que de aquí  ao verán se van a levar  a cabo na zona deportiva das piscinas exteriores e da climatizada, as seguintes actuacións de melloras e acondicionamento serán proxectos que se irán anunciando segundo se vaian a realizar.  Dí a alcaldesa.

Recordar que estas actuacións ían  no programa deste novo equipo de goberno, tendo en conta a situación “calamitosa” na que se encontran as instalacións que dende a súa apertura fai máis de 15 anos, apenas se fixeron inversións nas mesmas.

Outra das remodelacións pendentes, pero que si faremos antes do verán, será a parte superior do edificio de vestiarios que se atopa nas mesmas instalacións das piscinas exteriores,  que nunca funcionou, nin se lle deu uso. Declarou para finalizar Elvira Lama.