Xinzo de Limia

REMATARON AS OBRAS DA ENTRADA AO CONSERVATORIO

Investíronse 7.000 €

FOTO PECHE CONSEVATORIO
FOTO PECHE CONSEVATORIO

A partir do comezo do próximo curso 2018/19 o Conservatorio Profesional Municipal de música de Xinzo terá unha nova entrada.

Fai uns para de meses que se anunciara por parte dos responsables do Concello que este ía a investir 7.000 € en facer  un acristalamento para a que será a entrada definitiva do Conservatorio. Aínda que esa xa era a súa entrada orixinal, todo o mundo utilizaba unha entrada pola casa de Cultura. As condicións desta nova entrada permiten reservar este espazo para o que se preveu en principio, así como para ter un lugar a colleito para que os pais e nais que veñen a recoller aos seus fillos, teñan onde esperar, e para acceso de persoas con movilidade reducida.