O cartel do Entroido de Xinzo premiado en Xantar
Foi considerado o mellor cartel presentado ao concurso de Festas presentes en Xantar -Feira Internacional de Turismo gastronómico
![portada](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2020/01/30/2020013020045580323.jpg)
Esta tarde o xurado cualificador do concurso de carteis anunciadores de festas gastronómicas e turísticas de Galicia que teñen stand na feira de Xantar deu a coñecer os premios, quedando gañador o cartel da festa do Entroido 2020 de Xinzo.
No concurso participaron máis dunha vintena de carteis de Galicia e norte de Portugal.
O premio seralle entregado nun acto a realizar mañá as 12:30 no recinto feiral de Expourense.