Xinzo de Limia

A comisión presentou o Entroido 2019

Estaban acompañados polo alcalde Manuel Cabas e os concelleiros Carlos Gómez e Ricardo Sieiro

IMG_20181217_123948

Comezou o responsable de comunicación da citada comisión veciñal, Iván Prado comentando que o  traballo levado adiante pola comisión deste ano camiña da man de decisións tomadas en anos anteriores, intentando preservar as melloras acadadas polos compañeiros que traballaron voluntariamente no ano 2018, e mellorando os aspecto que, dalgún xeito, non funcionaron ben.

IMG_7642Unha desas decisión, como xa se ten visto en diferentes medios de comunicación, foi a de respectar a elección do ano pasado en canto a elección do cartaz do Entroido 2019, outorgándolle o deseño a Ana Parada, coñecida deseñadora limiá.

De igual modo que o ano pasado, o traballo requirido pola comisión en canto ao deseño, non só radica no deseño do cartaz propiamente, se non nunha imaxe completa para a promoción, a papelería e as R.R.S.S. do Entroido co fin de presentar unha imaxe coherente e potente á sociedade galega, solo sendo posible acadar estes conceptos mediante a contratación de profesionais do deseño e a comunicación.

No eido musical, Xinzo segue a ser a vila galega con maior número de charangas contratadas para o seu Entroido, un número que ronda as 15, esparexidas o longo de toda a celebración. Contamos, como xa é tradición coas nosas charangas locais, a "Charanga XL" e a "Charanga Achicoria" a partes doutras charangas autonómicas ou de fora das nosas fronteiras como poden ser "Bongo Band", a "Charanga BCB" ou a "Charanga La Nota". Asi mesmo, volverase a contar coa "Agrupación Musical da Limia" e con "Xituma Batuke".

No apartado orquestral, acompañarannos o Domingo e o Luns de Entroido as orquestras Compostela e Pontevedra, e no Domingo de Piñata "La Oca Band".

Volvemos a repetir o concerto estático do Venres de Entroido, este ano con "Alpargata", grupo nado no 2005 con repertorio de estilos que van dende a rumba, pasando polo afrobeat, o ska ou a cumbia e o Sábado outro concerto estático cos "Festicultores", de sobra coñecidos nas terras limiás.

No eido tradicional volverase representar o colgamento do Meco como xa é tradición no Sábado do Oleiro coa comitiva tradicional que sairá no solpor dende a Praza de Oriente e acabará o seu percorrido na Praza Maior onde se desenrolarán, non un, se non dous concertos musicais. En primeiro lugar acompañarannos "Radio Cos", grupo que fixo evolucionar a música galega de forma natural co seu impecable traballo e, como concerto de fin de festa, repetimos con "Pelepau" e o seu novo traballo, que será presentado no Entroido de Xinzo de Limia, ademais dalgunha sorpresa máis que lles entusiasmará os Entroideiros da Limia.

No propio Domingo de Oleiro, e vendo a espectacular acollida acadada na última edición, a comisión deste ano repetirá as accións do ano 2018 coa contrata de grupos locais de música.

tradicional da comarca da Limia e rematará a xornada, logo do xogo das Olas, co grupo "O Fiadeiro" e todo un corpo de baile tradicional que dinamizarán e encherán as rúas de Xinzo con baile e música.

No eido infantil, o Venres de Entroido repetirase o espectacular desfile infantil do Entroido de Xinzo con todos os cativos da comarca da Limia participando del, un momento especialmente bonito na nosa vila. Ademais acompañarannos Paco Nogueiras co seu espectáculo "Brincavai" o Luns de Entroido e por suposto, o Domingo de Piñata, durante toda a tarde, os nenos poderán gozar de inchables e actividades na Praza Maior a cargo de Ocioavia.

A decoración e iluminación deste ano tamén terá certos cambios con respecto ao anos pasado pero seguindo a estética tan mimada conseguida polas anteriores comisións.

IMG_7656Destaca o traballo levado a cabo pola comisión para que este ano o Entroido de Xinzo sexa un dos máis limpos de Galicia, reforzando a recollida de lixo, sobre todo no Sábado e Luns de Entroido, momentos onde máis afluencia hai. Así mesmo reforzaranse o número de contedores de vidro na rúa, e poranse novos puntos limpos pola vila.

Aínda así, a comisión deste ano quere facer especial fincapé que a limpeza é un factor principal na festividade e que soamente se poderá conseguir mediante a colaboración de  cada un dos veciños, mediante o respecto e o civismo. Remarca tamén a necesidade de respectar os horarios de recollida de lixo, sobre todo polos establecementos adicados a restauración. Por iso se lles pide afervoadamente que o baleiramento de lixo se faga na noite ou pola mañá cedo.

Respecto ao desfile do Martes do Entroido, este ano a comisión recuperará o Concurso de desfaces dispondo varios premios para os participantes, que se deberán inscribir dende as R.R.S.S. ou directamente na Biblioteca Municipal do Concello para poder participares. Dividiranse as categorías en: disfrace individual, disfrace en dúo, comparsa, cun mínimo de 8 persoas para considerarse comparsa, e carroza cuns premios que rondarán entre os 200 e os 1200 €. Ademais proponse que as persoas que así o desexen poidan inscribirse así mesmo como xuíz ou xuíza para levar a cabo as votacións do concurso polos mesmos medios que os anteriores nomeados, as R.R.S.S. ou na Biblioteca Municipal de Xinzo.

Como o ano pasado, o Desfile será aberto por unha comitiva tradicional que represente os diferentes Domingos do noso Entroido con seus respectivos ritos e actividades onde correrá a Fariña, voaran as Olas e mesmo desfilará unha sardiña.

Con todo requirirase nesta edición que calquera participante, sexa en concurso ou non, se inscriba nas listas de participación dispostas para tal co fin de ter un control e toda persoa se acolla á seguridade contratada para o evento, incluíndo así mesmo, as Pantallas.

Seguindo coas recuperacións, a comisión deste ano presenta de novo o Festival da Canción Humorística, podendo inscribirse tamén polas R.R.S.S. ou directamente na Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia. Requirirase polo menos a participación de catro colectivos para que o concurso se leve a cabo.

Tanto as bases do Concurso do Desfile como do Festival da Canción Humorística poderanse encontrar nos medio de comunicación da comisión, como o seu Facebook, e nos canles de comunicación do Concello e a súa páxina web, a principio de ano.

A partires de Reis, comezarase coa recadación de patrocinios empregando o método do ano pasado. Cabe dicir que o ano pasado a recadación conseguiu os seus máximo históricos grazas ao apoio de tódolos establecementos e particulares da nosa vila e cremos que este ano se poderá superar se cabe a cantidade do ano pasado.

Publicarase nas R.R.S.S. da comisión a conta de ingreso ademais de repartirse unha carta con toda a información necesaria para poder facer o patrocinio. Ademais xunto con esa carta xa se levarán os carteis, os programas e as pegatinas desta edición 2019.

Isto só é pequeno de resume do que nos depara o Entroido deste ano, que esperamos sexa inesquecible para a vila de XInzo e tódolos seus visitantes.