Xinzo de Limia

A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE ASISTE EN XINZO DE LIMIA AO DESFILE INFANTIL DO ENTROIDO

010319 Desfile infantil Xinzo
010319 Desfile infantil Xinzo

O recente recoñecemento do entroido de Xinzo de Limia como Festa de Interese Turístico Internacional foi valorado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Mariso Díaz Mouteira, como un gran aliciente para Ourense en particular e para Galicia en xeral para continuar traballando no camiño da excelencia das festividades galegas. O de Xinzo de Limia é o primeiro entroido galego en conseguir a máxima distinción que poden ter as festas no eido turístico.

Díaz Mouteira asistiu esta maña ao desfile infantil organizado polo Concello de Xinzo de Limia con motivo dos días grandes do seu Entroido. No desfile participaron numerosas comparsas de escolares da comarca da Limia.  Centos de persoas déronse cita nas rúas da vila ourensá para seguir de preto, un ano máis, o acto do entroido limiá dedicado aos máis pequenos.