Xinzo de Limia

Desfile infantil polas rúas da vila

Venres 27 a partir das 11:30

CARTEL DO DESFILE INFANTIL DO ENTROIDO
CARTEL DO DESFILE INFANTIL DO ENTROIDO

O venres 27 a vila encherase de colorido e sorrisos que porán os mais de 1600 rapaces e rapazas dos centros educativos da vila e comarca.

Partindo dos seus centros respectivos uniranse  no cruzamento da Avd de Ourense e rúa da Igrexa, para conxuntamente  desfilar acompañados de varias  charangas ata o colexio Rosalía de castro onde teñen preparada unha gran festa para todos os participantes.

Dende o Concello aconsellan ao público asistente, que será moito, segundo comenta a organización, para que non se metan na calzada para facer as fotos dos seus rapaces e interromper así a boa marcha do desfile.