Xinzo de Limia

"O entroido de antes", charla-coloquio con Moncho Villarino en Xinzo de Limia

Será o venres 25 de maio ás 20:30h na sede da Asociación A Pantalla

o Entroido de antes
o Entroido de antes

O venres 25 de maio ás 20:30h na sede da Asociación A Pantalla (entrada por Rúa da Ladeira) celebrarase en Xinzo de Limia a primeira dunha serie de actividades que dita asociación pretende realizar ó longo do ano: como charlas, obradoiros, exposicións…

Esta primeira actividade será una charla-coloquio, “O Entroido de antes", por Moncho Villarino, que contará como se vivía e desfrutaba nos seus tempos do Entroido, ben seguro que con anécdotas abraiantes.

Agardámosvos a todos e todas.