Xinzo de Limia

FESTAS DE SANTA MARIÑA 2023

O Concello de Xinzo de Limia impulsa as Festas de Santa Mariña con catro días e máis de 20 actuacións musicais

Os festexos prolongaranse catro días, dende o sábado 15 ó martes 18 de xullo cunha programación variada e para tódolos públicos.

Fernando Paz, Adriana Jiménez, Amador Díaz, Ricardo Sieiro, Alfonso Lois e Carlos Gómez.
Fernando Paz, Adriana Jiménez, Amador Díaz, Ricardo Sieiro, Alfonso Lois e Carlos Gómez.

Xinzo de Limia, a 10 de xullo de 2023. As Festas de Santa Mariña, organizadas polo Concello e a Comisión do Entroido, durarán dende o sábado 15 ata o martes 18 de xullo. A programación das Festas Patronais é ampla e variada, co principal obxectivo de favorecer a participación cidadá, atendendo  ás demandas musicais e culturais da veciñanza. 

No día de hoxe, o alcalde Amador Díaz, acompañado do concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, e a representante da Comisión das Festas, Adriana Jiménez; presentaron ó público tódolos detalles e o programa das Festas de Santa Mariña 2023. O máis destacado é a creación dun novo festival que contará cun espazo independente adicado a artistas de gran sona a nivel internacional, coma por exemplo o cantante canario Dasoul. Será a I edición do “Lost in Antioquía Festival” e terá lugar o domingo 16 a partires das 19.00 horas. Os DJs locais Pablo Marques e Pablo Seguín son parte do amplo repertorio de actuacións previstas para o festival, así como André Vázquez, representando a Groove Amigos logo de ter participado en grandes eventos nas últimas datas, como son por exemplo o Ministry of Sound de Londres ou o Son do Camiño de Santiago de Compostela.

Tamén se destaca a actuación de Mondra, un referente de actualidade no tocante ó folclore galego, así coma o grupo local En Mala Hora e os diversos espazos pensados para as nenas e nenos do Concello, con espectáculos de maxia e música infantil.

Por último, o día grande de Xinzo, o martes 18, sairán de novo ás rúas os Xigantes e Cabezudos para o disfrute da veciñanza co obxectivo de conseguir recuperar definitivamente esta tradición.

Amador Díaz quixo aproveitar a ocasión para agradecerlle á comision de festas, o “traballo incansable e desinteresado por sacar adiante iniciativas que benefician a todo o pobo”.

Pola súa banda, Ricardo Sieiro animou a toda a veciñanza a participar das festas e tamén a colaborar activamente no debate de ideas. En palabras do concelleiro, “consideramos fundamental a participación cidadá nos aspectos do Concello, máis se cabe no referente ó eido dos festexos”.

 

PROGRAMA COMPLETO

 

SÁBADO 15

12.30 horas - sesión vermouth con LETHX SOUND na praza Maior e na praza de Oriente.

19.00 horas - actuación infantil KOTE MALABAR na praza de Xoán XXIII.

22.00 horas - actuación LETHX SOUND na praza de Oriente.

 

DOMINGO 16

12.30 horas - sesión vermouth con MICALIPS na praza Maior e con LETHX SOUND na praza de Oriente.

19.00 horas - actuación infantil VERO RILO na praza de Xoán XXIII.

19.00 horas - LOST IN ANTIOQUÍA FESTIVAL na praza de Carlos Casares.

20.00 horas - concerto EN MALA HORA na praza de Oriente.

 

LUNS 17

20.00 horas - actuación da Agrupación Musical da Limia no atrio da Igrexa Nova.

20.30 horas - orquestra FANIA BLANCO SHOW na media lúa do Toural.

22.30 horas - concerto de MONDRA na praza de Carlos Casares.

00.00 horas - verbena coa orquestra  FANIA BLANCO SHOW.

 

MARTES 18

12.30 horas - sesión vermouth con LETHX SOUND na praza Maior e PABLO BALSEIRO na praza de Oriente.

19.00 horas - actuación infantil DON GELATTI na praza Maior,

20.00 horas - orquestra PONTEVEDRA na media lúa do Toural.

 

Cartel festas Santa Mariña 2023
Cartel festas Santa Mariña 2023

 

Fernando Paz, Adriana Jiménez, Amador Díaz, Ricardo Sieiro, Alfonso Lois e Carlos Gómez.
Fernando Paz, Adriana Jiménez, Amador Díaz, Ricardo Sieiro, Alfonso Lois e Carlos Gómez.