Xinzo de Limia Festas patronais

Xinzo prepárase para unhas festas de Santa Mariña con música, tradición e espectáculos para todas as idades

Amador Díaz e Ricardo Sieiro presentan o cartel da Santa Mariña en compañía dos xigantes Inés de Castro e Décimo Xuño Bruto
Amador Díaz e Ricardo Sieiro presentan o cartel da Santa Mariña en compañía dos xigantes Inés de Castro e Décimo Xuño Bruto

Xinzo de Limia, 8 de xullo de 2025. A vila de Xinzo de Limia vive xa a conta atrás para celebrar as Festas de Santa Mariña 2025, que terán lugar entre o 17 e o 20 de xullo cunha programación pensada para todos os públicos, combinando grandes orquestrasactividades populares e momentos de convivencia no corazón da vila.

O programa aposta por recuperar o esplendor das festas patronais, cun cartel musical de primeiro nivel que inclúe formacións tan recoñecidas como NebraskaPanorama – Epic TourAmérica S.L.La Misión ou Tango, entre outras. Ás orquestras súmanse sesións vermú, discotecas móbiles e propostas como o Summer Sound 2025, que porá o punto e final ás celebracións cunha noite chea de música e animación.

venres 18, Día da Patroa, será a xornada máis simbólica, coa tradicional misa e procesión acompañada polas bandas locais AMDL e BDG, e co regreso dun dos elementos máis queridos da tradición: os xigantes e cabezudos, que volverán percorrer as rúas ao ritmo da Bandiños Band. Esa mesma noite, a gran festa da escuma animará á mocidade antes dos concertos.

Durante catro días, as rúas e prazas de Xinzo converteranse nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, que poderán gozar tamén da II Color Party, actividades infantís, campionatos populares e sesións vermú ao aire libre.

 

Festas de Santa Mariña – Xinzo de Limia – Do 17 ao 20 de xullo de 2025

 

Xoves 17

  • Orquestra América S.L.

  • Disco móbil Apocalipsis on Tour

Venres 18 – Día da Patroa Santa Mariña

  • Alborada con Bandiños Band polas rúas e prazas

  • Misa e procesión na honra da patroa de Xinzo de Limia, acompañada polas bandas AMDL e BDG de Xinzo de Limia

  • Ambientación musical na Praza Maior e pasarrúas coa Bandiños Band acompañada polos Xigantes e Cabezudos

  • Gran Festa da Escuma

  • Orquestra Nebraska

  • Orquestra Panorama Epic Tour

Sábado 19

  • Sesión vermú con Lethx Sound

  • II Color Party Santa Mariña 2025

  • Orquestra La Misión

  • Disco móbil La Duendeneta

  • Campionato de Futbolín

Domingo 20

  • Sesión vermú con La Duendeneta

  • Actividades para a cativada

  • Orquestra Tango

  • Summer Sound 2025: Apocalipsis on Tour, Paulo Seoane, Alex Martínez, Saúl Gallego e Pancho DJ

 

Cartel Festas Santa Mariña 2025
Cartel Festas Santa Mariña 2025