Xinzo de Limia

“ABORDAJE PROFESIONAL DE LA VIOLENCIA MACHISTA”

Aberto o prazo de matrícula

Curso organizado pola UNED, patrocinado pola Deputación en colaboración co Concello de Xinzo

 

IMG-20191106-WA0004
IMG-20191106-WA0004

Do 15 ao 23 de novembro impartirase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia un curso presencial de extensión profesional sobre o “Abordaje profesional de la violencia machista”, patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense e coa colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública, o Concello de Xinzo de Limia, FIVASCO e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Este curso, homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública e declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, constará de 25 horas lectivas equivalentes a un crédito no que terán lugar diversas sesións destinadas a titulados e estudantes de Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, Enfermería, Medicina, Pedagoxía, Forzas de Seguridade e interesados en xeral.

Dirixido por Tiberio Feliz Murias e coordinado por Xosé Losada Enriquez, contará coa colaboración das ponentes Nerea Fernández Conde, Yerma González Hevia e Aziz Messaoudi Rhamssoussi e tratará temas arredor da violencia machista como a socialización de xénero, a construción da desigualdade, a prevención e erradicación deste tipo de violencia nos diferentes ámbitos, a intervención profesional dende o enfoque de xénero e outros similares.

Os interesados que non sexan da UNED terán que aportar copia da matrícula do curso académico 2019/20, os desempregados un xustificante da oficina de emprego, as persoas con discapacidade unha copia do recoñecemento da discapacidade e os membros das Forzas de Seguridade, copia do carné ou certificado da autoridade competente. Ademais, ao ser un curso homologado pola AGASP require da impresión en papel do certificado final de aproveitamento do curso.