Xinzo de Limia

Continúan os actos da campaña contra a violencia de xénero

XINZO EN MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao acto que se celebrou na tarde do sábado “As mulleres que conversan son perigosas”  no que participaron non so mulleres, desenrolouse nunha céntrica cafetería cuxo aforo quedouse  pequeno.

As conversas abriunas a alcaldesa Elvira Lama que estaba acompañada polas mulleres que o fixeron a continuación para abrir dalgunha maneira as conversas continuando pola ex- directora xeral da Muller, Laura Seara a que seguiron a avogada especialista na materia Viki Diéguez  a profesora dun IES de Lalín Sheila Fernández e Susana Martínez e Obdulia Joga membros da Garda Civil adscritas ao posto de Xinzo.

Despois das súas intervención abriuse un amplo coloquio.