Xinzo de Limia

Xornada festiva e reivindicativa en Xinzo

Varios colectivos uníronse a concellería de Servicios Sociais  para celebrar o 8 de marzo

portada

Dende primeiras horas da mañá ata a praza Maior de Xinzo forense achegando os veciños e veciñas que se preparaban para celebrar o día Internacional das Mulleres que este ano ademais quería facer fincapé no dereito a non violencia machista.

IMG-20190308-WA0021Varios foron os colectivos que acompañaron ao CIM, pertencente a concellería de Servizos Sociais , os que puxeron unhas mesas para informar a todos e todas das actividades que neste momento están a realizar.

Cruz Vermella, Limisi, o propio CIM e a asociación contra o Cancro repartiron información e departiron cos presentes,  entre os que se encontraba o alcalde Manuel Cabas, acompañado de concelleiros do grupo de goberno , así como membros dos grupos de oposición.

As 12  a asesora xurídica do CIM leu o manifesto deste ano 2019 no que se fixo fincapé unha vez mais as reivindicacións de igualdade de xénero dicir NON a que haxa máis mulleres asasinadas por violencia machista, así como agresións, violación  explotación sexual….

 

cats23

ara ler o manifesto completo prema aquí.