A OBRA COMENZARÁ XA
O Concello de Xinzo de Limiase gastará 7000 euros en poñer unha entrada propia ao conservatorio
A entrada será acristalada e tendrá acceso para discapacitados
O Concello de Xinzo de Limia dedicará unha partida de 7000 euros para pechar e acristalar a nova entrada ao conservatorio, situada na zona traseira da Casa de Cultura.
Dado que a entrada que actual non está acondicionada para minusválidos, aproveitarase esta zona, xa construída con rampla de acceso, para o facilitamento do paso a persoas con discapacidade física.
Grazas este arranxo, tamén “se evitará o menudeo e os actos vandálicos que ata o momento tiñan lugar nesta zona” en palabras do Concelleiro de Urbanismo Ricardo Sieiro.
A obra comezará de forma inminente e, aproveitando a conxuntura, tamén se prevé acondicionar a praza para o goce dos veciños e veciñas.