O LIMISI pide soporte para levar a cabo as súas funcións con menor precariedade
O Concello de Xinzo de Limia quere comprometerse con esta petición
![LIMISI](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2018/05/31/2018053113001852677.jpg)
O grupo LIMISI realizou unha petición de apoio aos representantes dos distintos concellos para que teñan en conta as dificultades e a precariedade coa que han de convivir as entidades de ámbito comarcal, municipal e rural.
A consecuencia desta petición, o grupo de goberno presentará unha moción no seguinte pleno para que sexa posible un maior apoio institucional e económico a estas entidades socioeducativas, que son imprescindibles para a promoción e a integración de persoas con diversidade funcional, grupo de especial risco de exclusión social.
Dita moción pretende ser unha mostra de agradecemento e soporte ao gran labor realizado por estas entidades.