Xinzo de Limia

ESQUECEMENTO

O Esquecemento

No patrimonio cultural nos últimos anos, ven adquirindo un impulso forte, a Festa do Esquecemento, na honra do río Limia ou Lethes, na que cada penúltimo fin de semana de agosto (venres, sábado e domingo) preténdese revivir por uns días “viaxando no tempo “á época dos romanos. Con esta festa, a vila de Xinzo transfórmase nunha auténtica “Civitas Limicorum”, co seu foro, campamento e mercado romano e castrexo. Inténtase rememora-lo paso dos comerciantes pola Vía Nova entre Bráccara e Artúrica-Augusta; escenificando en distintos lugares templos onde se rende culto ós deuses, centros de espallamento e lecer como os baños ou o impresionante Circus, con espectáculos de aurigas, gladiadores, danzas e liortas que espertan a paixón de propios e foráneos; así coma unha escenificación maxistral do “Paso do Río Lethes” por parte do exército romano, conducido por Xuño Bruto. Atravesar as tranquilas augas conlevaría perder os recordos para sempre (e incluso a vida); pois identificábano co río Lethes (nome grego), o Flumen Oblivionis –“río do Olvido”–. Así o creron os soldados de Décimo Xuño Bruto cando chegaron as súas orillas no ano 138 antes de Cristo, pondo unha barreira infranqueable as súas ansias de conquista. Pero este atrevido xeneral romano decidiu cruzar as augas para desmentilo. Segundo as crónicas, tomou o estandarte do seu exército e atravesou o cauce para, desde a outra orilla, chamar por o seu nome ós temerosos soldados demostrando que non había morto nin perdido a memoria. Unha vez franqueada esta fronteira fluvial, seguiron o avance por territorios galaicos ata chegar ó Atlántico, onde unha posta de sol provocoulles tal temor que lles fixo dar a volta. A hazaña limiá e o seu triunfo contra os bracarenses levou a Bruto a conseguir o sobrenome de “Galaico” e o título de procónsul dos Lusitanos e Galaicos.

 

13                     14     

   15                     16

Mas nunca deixará de ser fermosa

no meu atribulado pensamento

a ribeira do Limia saudadosa

non causará en min esquecimento

aínda que ten tanta virtude de esquecer

o seu brando e suabe movimento

(Bernárdez, Lima, Égloga 15)

 

DATOS DE INTERESE: