Xinzo de Limia Obras e Infraestruturas

Amador Díaz recibe ao subdelegado do Goberno, Eladio Santos, e supervisan o avance das obras de humanización da N-525 en Xinzo

Supervisión das Obras
Supervisión das Obras

Xinzo de Limia, a 29 de outubro de 2025. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, recibiu ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, para revisar xuntos o avance das obras de humanización da N-525 ao seu paso pola vila. Na visita, na que tamén participaron membros da Corporación Municipal, prestouse especial atención á contorna dos institutos, un dos primeiros tramos en execución e de maior impacto para a mobilidade diaria.

A intervención transforma a travesía nas avenidas de Ourense e Madrid con beirarrúas máis anchasitinerarios peonís e ciclistasmellora de interseccións con pasos seguros e novas rotondasrenovación e soterramento de servizosnovo alumeado e zonas verdes. O contrato conta cun prazo de 12 meses e un investimento superior a 4 millóns de euros, financiado polo Ministerio de Transportes con fondos NextGenerationEU.

O alcalde Amador Díaz sinalou: “A obra estase a executar en coordinación permanente co Concello, por tramos e con seguimento diario, para compatibilizar os traballos coa vida da vila. O ritmo é alto e o obxectivo é claro: cumprir prazos e rematar en tempo unha travesía máis segura e centrada nas persoas”.

Pola súa banda, o subdelegado Eladio Santos subliñou que esta actuación “suporá unha transformación para Xinzo”.

Autoridades
Autoridades
Eladio Santos e Amador Díaz recibindo as explicacións técnicas
Eladio Santos e Amador Díaz recibindo as explicacións técnicas
Imaxe do Proxecto
Imaxe do Proxecto