Xinzo de Limia

Xinzo de Limia vai restaurar, modernizar e humanizar o seu casco vello

Comeza a primeira fase do ambicioso plan de renovación do casco vello de Xinzo de Limia. Haberá actuacións nas rúas da Igrexa, Leopoldo Álvarez, Santa Mariña e Xesús Carlos Romero Nieto.

Intersección entre a Rúa da Igrexa e a Rúa Leopoldo Álvarez.
Intersección entre a Rúa da Igrexa e a Rúa Leopoldo Álvarez.

Xinzo de Limia, a 26 de setembro de 2023.  Durante as próximas semanas levaranse a cabo obras sobre diversas rúas do casco vello de Xinzo. A actuación consistirá na reparación e renovación das lousas en mal estado cun orzamento de 13.310 € asumido íntegramente polo Concello de Xinzo de Limia. 

As rúas sobre as que se van efectuar as obras son as seguintes: rúa da Igrexa, rúa de Leopoldo Álvarez, rúa Santa Mariña e rúa Xesús Carlos Romero Nieto. Prevese que as obras comecen a vindeira semana, polo que moi pronto se notificará dos días concretos para que a veciñanza afectada se poida organizar do mellor xeito posible. Se o calendario segue o seu curso debería estar todo rematado antes de finais do mes de outubro. 

Segundo sinala Moncho Gómez, concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas, Obras e Mobilidade “solventar o mal estado xeralizado das rúas de Xinzo é unha das miñas prioridades. Neste primeiros 100 días xa se actuou na rúa Alexandre Bóveda, na Avenida do Río Limia, no camiño da Roda, na Travesía do Bouzo e en varios núcleos do rural. Isto demostra que estamos centrados en mellorar a vida e mobilidade de tódalas veciñas e veciños do Concello”.

Dende o equipo de goberno estase a traballar arreo para conseguir financiamento de cara ó proxecto de restauración integral, modernización e humanización das principais rúas do casco histórico. Unha vez se consiga este ambicioso proxecto, que agardamos que sexa pronto; durante o periodo burocrático previo á execución do mesmo retiraranse as chapas metálicas da rúa dos viños, para darlle unha solución temporal e menos molesta ó deficiente estado da principal rúa histórica de Xinzo de Limia.