Xinzo de Limia Servicios Sociais

BENQUERER: atención integral a mulleres e crianzas con máis de 100 persoas atendidas en Xinzo

Programa BENQUERER
Programa BENQUERER

Xinzo de Limia, a 15 de setembro de 2025. BENQUERER, o programa da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Xinzo para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénerocofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, consolídase como recurso de referencia no municipio. Desde o seu inicio, o 12 de xuño, xa atendeu máis de 100 persoas, ofrecendo apoio psicolóxico e social ás mulleres en situación de violencia machista e ás súas fillas e fillos, con acompañamento profesional orientado á recuperación e ao benestar emocional. A concelleira Ángeles Martínez salientou: “En Xinzo temos claro o compromiso: ninguén queda atrásBENQUERER ofrece apoio psicolóxico e social próximo e eficaz, para recuperar a vida en igualdade e sen violencia”.

O programa comprende dúas liñas de actuación principais:

  • Liña Malva, servizo de información, asesoramento e atención psicolóxica e social a cargo dunha psicóloga para mulleres en situacións de violencia de xénero.

  • Benquerernos, que integra obradoiros de sensibilización en igualdade e prevención, talleres psicoeducativos para crianzas (habilidades sociais, identificación e expresión emocional) e o grupo de autoaxuda “Florecer”, un espazo seguro de confianza e apoio mutuo.

BENQUERER é un programa gratuíto que se desenvolve nas instalacións de Servizos Sociais e na Casa da Cultura, con atención profesional, confidencial e con cita previa. O Concello de Xinzo de Limia reafirma así o seu compromiso cunha resposta pública coordinada, próxima e efectiva fronte á violencia machista, e coa creación de contornos comunitarios máis igualitarios e seguros.