![1_Logo_UE(1)]()
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover a igualdade a saúde e a inclusión social
Unha maneira de facer Europa
O FSE invirte no teu futuro
Accións financiadas a través da orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017-2018, cofinanciada polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014 - 2020 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (DOG nº140 do 24/07/2017).
PROGRAMAS DIRIXIDOS A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DE COLECTIVOS VULNERABLES
PROGRAMA DE INTERVENCIÓN INTEGRAL DA COMUNIDADE XITANA 2017/2018
Obxectivo xeral
- Mellorar a inclusión sociolaboral da poboación xitana.
Obxectivos específicos
- Promover a inclusión social activa dos destinatarios.
- Fortalecer as competencias precisas para posibilitar o acceso ó emprego.
- Concienciar sobre a relación de entrar no mercado laboral cas melloras de vida que implica.
- Reducir a dependencia de axudas sociais.
- Garantir o coñecemento e uso dos recursos existentes de aceso ó emprego.
- Mellorar a empregabilidade dos destinatarios
- Adquirir coñecementos e habilidades de corte e confección para o desempeño dun posto de traballo.
- Adquirir coñecementos de horticultura.
- Coñecer e saber usar os recursos e ferramentas dixitais e as novas tecnoloxías no acceso ó emprego.
- Adquirir habilidades, estratexias e coñecementos para a busca de emprego.
- Adquirir coñecementos para a consecución das competencias clave e posterior ampliación da súa formación laboral.
- Favorecer o acceso a unha vivenda digna e reducir os conflictos veciñais mellorando a convivencia.
- Reducir o analfabetismo da poboación xitana adulta e aumentar os coñecementos e capacidades para o desenvolvemento da súa autonomía.
Actuacións do programa:
APOIO A INCLUSIÓN A TRAVÉS DE ITINERARIOS
APOIO A INCLUSIÓN NA PROMOCIÓN DO ACCESO E MANTEMENTO DA VIVENDA
FORMACIÓN ADAPTADA:
- Acción Formativa de corte e confección
- Acción Formativa de Inicio a Horticultura
- Acción Formativade Preparación de competencias clave
- Acción Formativa de Alfabetización para maiores de 16 anos
- Acción Formativa de Alfabetización dixital.
Resultados:
- Participación e implicación activa dos destinatarios nas distintas actuacións.
- Aumento do números de persoas e familias que melloran a súa situación de vivenda e a súa integración socialaboral.
PROGRAMA INTEGRAL DE ATENDEMENTO Á POBOACIÓN INMIGRANTE 2017/2018
Obxectivo xeral
- Mellorar a integración e inclusión socio laboral da poboación inmigrante.
Obxectivos específicos
- Adquirir habilidades, estratexias e coñecementos para a busca de emprego.
- Coñecer e saber usar os recursos e ferramentas dixitais e as novas tecnoloxías no acceso ó emprego.
- Adquirir coñecementos e habilidades de corte e confección para o desempeño dun posto de traballo.
- Favorecer o coñecemento das linguas para a mellora do seu desenvovemento e autonomía.
- Coñecer as costumes e valores da sociedade de acollida.
Actuacións do programa:
APOIO A INCLUSIÓN A TRAVÉS DE ITINERARIOS
FORMACIÓN ADAPTADA:
- Acción Formativa de corte e confección
- Acción Formativa de Alfabetización dixital.
- Acción Formativa de Cidadanía, Igualdade e Convivencia
ADQUISICIÓN DE HABILIDADES:
- Acción Formativa de competencia oral
MEDIACIÓN INTERCULTURAL
Resultados:
- Participación e implicación activa dos destinatarios nas distintas actuacións.
- Aumento do números de persoas e familias que melloran a súa integración socialaboral.
- Reducción dos conflictos e mellora da convivencia.