Xinzo de Limia

Presentación dos paneis informativos nas nove igrexas románicas do Concello de Xinzo

Foron visitados pola delegada da Xunta Marisol Mouteira que investiu 12.000 € no proxeto

IMG_7369

Na mañá de hoxe, luns 29 de outubro acompañaron a visita da delegada da Xunta o técnico redator dos traballos e o alcalde de Xinzo Manuel Cabas, xunto co concelleiro Ricardo Sieiro.

Estas actuacións foran solicitadas pola Concellería de  Cultura e Turismo do Concello á Axencia de Turismo de Galicia,  para infraestruturas turísticas, Fixeronse actuacións en nove igrexas, de suma importancia histórica, todas elas igrexas medievais de orixe canto menos románica.

Santa Mariña de Xinzo de Limia, San Tomé de Morgade, San Pedro de Boado, Santo André de Piñeira Seca, San Xoán de Guntimil, San Xoán de Seoane de Oleiros. San Nicolau de Novás, Santa María de Laroá e San Pedro de Solbeira de Limia.

Os traballos realizados encádranse na creación e posta en valor dos recursos turísticos e patrimoniais do Concello de Xinzo, que irán completando unha oferta atractiva e variada para as persoas que visiten o noso municipio.

A pretensión é que estes recursos sirvan o mesmo tempo como xeneradores de emprego e riqueza nas actividades económicas relacionadas especialmente cos sectores hostaleiros e comerciais da vila e da comarca Limia.

CARENCIA DE INFRAESTRUTURAS INTERPRETATIVAS

Estas igrexas carecían de infraestruturas interpretativas, que permitan ó visitante comprender as súas singularidades históricas e artísticas.

Os traballos comezaron coa  documentación histórica sobre os elementos en cuestión, tanto con consulta bibliográfica, como en traballos de campo, así como a documentación da cultura inmaterial asociada ós templos.

Realizouse unha revisión de paramentos no exterior e interior dos edificios, de cara a poder identificar fases anteriores á época barroca. Esta revisión buscou identificar fases altomedievais e medievais, nas formas artísticas do románico e o prerrománico, permitindo así comprender a realidade da paisaxe de Xinzo ó longo da época medieval e moderna.

IMG_7364A divulgación dos templos realizouse en base a paneis interpretativos seguindo o manual de sinalización turística da Xunta de Galicia. O deseño, tanto de contidos como do propio panel foi realizado por persoal con experiencia acreditada na interpretación do patrimonio cultural da Empresa “Estela Arqueoloxia e Patrimonio”.

Empregouse un tipo de panel panorámico, reformado para acadar información sobre a igrexa en cuestión así como un plano de situación de todas as igrexas e fitos patrimoniais do Concello de Xinzo de Limia. A colocación destes paneis, fixose nas proximidades das igrexas, fora dos seus adros e en lugares nos que non supoñan un obstáculo visual para a súa contemplación.

Os paneis están realizados empregando un  bastidor de aceiro galvanizado de perfil en H. Sobre o que se instalou unha bandexa de aluminio con vinilo impreso adherido de tintas ecosolventes.

O programa complétase con 1.500 Dípticos divulgativos da ruta das igrexas de Xinzo.

Ademais incluironse nas vias de acceso sinais de estrada de 120x40 cm en prancha de aluminio para facilitar a localización dos templos.