Os puntos de venta repartiranse entre a explanada do Toural e o entorno da Praza de Abastos, quedando excluídos os de téxtil, calzado e complementos. Políca Local e Protección Civil dobrarán os seus efectivos para controlar o acceso ás zonas acoutadas en condicións de máxima seguridade.
O Goberno local considera que non é posible garantir as condicións mínimas de seguridade que esixe a crise sanitaria. Programará eventos culturais e de ocio con control de aforo durante todo o verán para axudar a reactivar a economía local.