Xinzo baixou o segundo posto en doazóns de sangue neste último ano
As 11 da mañá un veciño de Parada de Ribeira alertou na Policía Local de Xinzo, mostrando unha foto dun niño de avespas que atoparan na súa casa, onte a noite a súa chegada de Barcelona, para pasar uns días de vacacións.

Os membros da Local puxéronse en contacto co concelleiro de Protección Civil, o cal alertou as persoas de protección civil, os cales xa están preparados para estes mesteres. Desprazáronse ata o lugar cos traxes que teñen especiais para estas intervencións para proceder a retirar o enxame.
Membros de protección que actuaron, comunicaron ao concello que se trataba de “avespas crabo”, procedendo a súa retirada en colaboración cos bombeiros de Xinzo.
As 12,30 xa rematara todo o operativo, sen consecuencias tanto para as persoas como para as avespas.
En Xinzo, como en Galicia gardose un minuto de silencio pola nova vítima da violencia machista da Coruña
Foi recibido polo alcalde, quen lle ofreceu o libro de honra para que deixara constancia da súa visita institucional