Xinzo de Limia festas

festas
Cultura
Presentación Festa do Esquecemento 2025

Xinzo presenta o cartel e a programación da edición máis ambiciosa da Festa do Esquecemento, con máis de 50 actividades e un Gran Circo Romano como principal novidade

- A Alameda do Toural acolleu a presentación oficial do cartel e da programación da XXV Festa do Esquecemento, un aniversario moi especial para un dos eventos máis importantes da comarca e de toda Galicia no ámbito da recreación histórica.

- O cartel desta edición histórica representa o momento posterior á vitoria romana e caída do líder dos galaicos castrexos: un instante simbólico de gran forza visual que resume o espírito dunha festa que, desde a recreación histórica, convida a vivir o pasado sen conflitos, con orgullo e en clave de celebración colectiva.

- A A.C. Civitas Limicorum organiza a programación da XXV Festa do Esquecemento, con máis de 50 actividades completamente gratuitas durante os días 22, 23 e 24 de agosto.

 


 
Cultura
Procesión de Ánimas

Xinzo de Limia reinventa a tradición co seu Samhain dos Límicos

  • O centro de Xinzo encheuse de asistentes que gozaron de actividades para todas as idades.

  • A Santa Compaña e o teatro castrexo recrearon o pasado místico de Galicia en pleno Xinzo.

  • Un éxito para o primeiro Samhain dos Límicos, que promete continuar como tradición en Xinzo.

Cultura
Ana Lozano, Marcos Argibay, Marta Diz, Conchi Ogea e Amador Díaz.

Xinzo de Limia retrocede no tempo coa celebración das Vestalias

  • As virxes Vestais eran as encargadas de manter o lume sagrado e desempeñar rituais que aseguraban a protección e a continuidade da cidade.

  • A recreación das Vestalias reflicte o compromiso da Civitas Limicorum coa promoción e a educación sobre a historia romana.

  • Un dos momentos máis esperados será ás 21:00, co espectáculo “Magna Vestae”, que mesturará impresionantes exhibicións de lume e acrobacias.

Festas patronais
Protocolo de seguridade nas Festas Patronais
Durante a reunión de seguridade.

Xinzo de Limia: Vila Segura nas Festas de Santa Mariña

O alcalde, Amador Díaz, fai un chamamento á veciñanza para que “todas e todos poidamos disfrutar dunhas boas festas patronais sen ter que lamentar ningún tipo de incidente”.

Concello

Consulte aquí o decreto da alcaldía sobre horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público polas festas de Santa Mariña

Consulte aquí o decreto da alcaldía sobre horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo das festas de Santa Mariña