Xinzo de Limia Novidades

Novidades
Posto de Mando Avanzado - Plan de Inundacións Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, decreta a activación do Plan Municipal de Inundacións

  • O rexedor asinou ás 11:30 horas o decreto que pon en marcha o "Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións", constituíndo o Posto de Mando Avanzado con Policía Local e Protección Civil.

  • O Concello informou da gravidade da situación a Educación, Confederación Hidrográfica, Delegación do Goberno, Emerxencias de Galicia, Fomento e Deputación.

  • Aumenta a lista de vías cortadas e instalacións afectadas: institutos con auga, cancélanse as actividades no Campo da Moreira e vixíase o risco no Pavillón e nas Piscinas.

Imaxe da Visita ás obras

Comezan as obras de eliminación de verteduras ó río Limia

  • Recolleranse verteduras de diversas áreas críticas, incluíndo o antigo matadoiro, a estrada de Baltar e a Avenida de Portugal, así como as edificacións da marxe esquerda do río, piscinas municipais, pavillón e outras instalacións deportivas.


 
Imaxe da entrega de premios no I Concurso de Patapas

O Concurso de Patapas gaña o primeiro premio nacional

  • O Concurso de Patapas do Concello de Xinzo de Limia gaña o primeiro premio a mellor proxecto gastronómico.

  • Os Premios Nacionais da Pataca, promovidos pola revista Campo, poñen en valor diferentes aspectos do sector da pataca.