Xinzo debuxa o seu novo Auditorio: o Concello e CESUGA presentan as propostas do alumnado
-
O Salón de Plenos acolleu este xoves o acto oficial de presentación, que continuou coa inauguración dunha mostra de maquetas na Casa da Cultura, aberta durante todo o mes de abril.
-
As iniciativas froito deste convenio para a nova identidade visual e a posta en valor do Mosteiro de Trandeiras daranse a coñecer nos meses de maio e xuño, respectivamente.
-
O alcalde, Amador Díaz, incidiu na profunda transformación que está a vivir Xinzo na actualidade e agradeceu aos estudantes poñer a súa creatividade ao servizo do municipio.