Como carece de competencias para impoñelo, hoxe mesmo publicará un bando con esta recomendación, esperando a complicidade cidadán. O goberno local pídelle aos comercios non esencias que pechen á mesma hora que a hostalería, en solidariedade con ela e para facilitar o novo toque de queda local. O Concello agarda que Goberno e Xunta tomen pronto medidas máis duras que as actuais, pero afirma que Xinzo xa non pode esperar.
Realizarase no Pavillón municipal de Deportes ao longo de todo o sábado por parte de 8 equipos de enfermería. Sergas e Concello préganlle ás persoas elixidas que acudan á cita para limitar a transmisión e detectar asintomáticos.
O municipio pasou no que vai de ano de 39 casos activos o 1 de xaneiro a 110 hoxe, pese ás recomendacións e controis policiais. A alcaldesa quere que o cribado sexa valorado na reunión do Comité Clínico de mañá e ofrece todos os medios necesarios para levalo a cabo.
A alcaldesa convocou unha reunión de urxencia para pedir máis vixilancia á Policía Local e un operativo coa Garda Civil para Reis. Acordou, xunto con concelleiro de Tráfico e o Xefe da Policía Local, incrementar o número de efectivos durante os próximos días.