As gañadoras do certamen, que terá continuidade, recibiron vales por importe de 520 euros para mercar en comercios e hostalería da vila.
Así o acordou a comisión municipal de seguimento do covid, convocada pola alcaldesa e na que están representados todos os grupos políticos da corporación. As redes sociais municipais trasladarán á cidadanía a información que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, se comprometeu hoxe a facilitar aos concellos.
Ofrecerá 99 prazas de estacionamento que permitirán empezar a acometer unha reordenación do tráfico e o rescate de espazos públicos para uso peonil. A obra xa foi adxudicada hoxe e estará rematada nun mes, despois dunha intensa negociación da alcaldesa cos donos dos solares para a cesión 6 anos.
Suspende así todas as competicións deportivas na vila, así como os desprazamentos, de arredor de 500 rapaces e rapazas. A Concellería de Deportes acordou que as instalacións municipais so podan utilizarse para adestrar, pero nunca para competir, para limitar a mobilidade e polo tando reducir ao máximo o risco de contaxio do Civid-19.