A alcaldesa encoméndalle a Amador Díaz, concelleiro e produtor, que explore xunto co resto de colleiteiros as mellores solucións a corto e a medio prazo. Ambos abrirán unha segunda fronte institucional para negociar coas admistracións implicadas, reuníndose xa co Ministerio de Agricultura e a Confederación do Miño-Sil.
Convoca un concurso co obxectivo de embelecer a vila e os pobos e mellorar a súa calidade ambiental ornamentando o exterior das vivendas. Os premiados recibirán bonos de compra para gastar no comercio local e o Concello regalará aos inscritos a primeira planta para o seu balcón ou xanela. Bases e documento de inscrición no interior do artigo. Preme aquí para descargar o FORMULARIO INSCRICIÓN EN CONCURSO DE BALCÓNS E XANELAS
O programa arranca mañá, domingo, co concerto de Queixume dos Pinos na Praza de Carlos Casares e as primeiras clases de pilates e zumba no Toura (ás 11 y 12 da mañá)l. Pese a suspensión do Esquecemento, haberá una semana adicada á festa, con reducidas pero moi variadas actividades, a maioría de rúa. A partir deste domingo, todas as fins de semana de xullo e agosto terán polo menos dúas actuacións e algunhas ata catro, tamén os venres.
Os entidades do Terceiro Sector e os Servizos Sociais municipais traballarán coordinadamente para axudar a máis xente de forma máis eficaz e eficiente. Durante a pandemia atenderon en conxunto a 254 familias con vales para alimentos frescos, entregando perecedoiros ou pagando recibos e alugueres. La alcaldesa, Elvira Lama, quere ampliar este Observatorio a todas as entidades ou organizacións dispostas a sumar esforzos para que ninguén quede sen axuda.
A chegada da rama agraia á FP de Xinzo é “unha boa noticia para a comarca” e “garantía futura dunha agricultura moderna e sostible”, afirma Elvira Lama.