Xinzo de Limia Obras e Infraestruturas

Obras e Infraestruturas
Unha das sinais no acceso ao vial de servizo na Avenida de Celanova

Videovixilancia na Avenida de Celanova: só acceso autorizado para quen viva, traballe ou merque na rúa

  • A medida busca priorizar a seguridade peonil e o uso responsable do vial polos residentes e negocios.

  • Están permitidas tres excepcións: residentes, persoas con negocios e servizos ou clientela autorizada.

  • Os negocios poderán facilitar semanalmente as matrículas dos seus clientes para evitar sancións.

  • O sistema recoñecerá matrículas e sancionará os accesos non autorizados con multas de ata 80 euros.

Visita ás obras de saneamento.

O Concello de Xinzo celebra a mellora do saneamento municipal

  • O alcalde, Amador Díaz, destaca a importancia da infraestrutura para a sostibilidade ambiental do municipio.

  • A construción dun colector na marxe esquerda do río Limia permite redirixir as augas residuais á EDAR.

  • A eliminación de vertidos directos ao río supón unha mellora ambiental de gran impacto para a comarca.

Visita ás actuais instalacións da Praza de Abasto

Xinzo aposta por transformar a Praza de Abastos nun centro moderno e dinámico

  • O proxecto, valorado en 800.000 euros, inclúe novos postos e accións de promoción para revitalizar o comercio local.

  • A actuación transformará este espazo en referente do comercio galego, apostando pola modernización e a dinamización.

  • O alcalde de Xinzo destacou os resultados visibles nos espazos públicos e no futuro laboral dos participantes.