O Concello de Xinzo suspende os concertos e a conta atrás do Petardazo por motivos de seguridade
-
A alerta por climatoloxía adversa impide o despregue do dispositivo de seguridade e a instalación do Posto de Mando Avanzado da AXEGA.
-
Quedan canceladas as actuacións da orquestra Origen, Henry Méndez e o acto do Petardazo co reloxo da praza apagado.
-
Mantense a animación musical por diversas rúas coa disco móbil Apocalipsis, Xituma Batuke e Charanga Achicoria.